
Semana Branca
O alumnado de 4º de ESO gozou de cinco intensos días de esquí na última semana de febreiro na estación de Pal en Andorra. Cun tempo espectacular de sol e temperaturas anormalmente altas todo o alumnado foi capaz de lanzarse polas variadas pistas da estación mostrando nalgúns casos habilidades sorprendentes impropias de debutantes. Os tres profesores acompañantes queren felicitar a todos os participantes polo seu comportamento respectuoso, cívico e cheo de compañeirismo.













