arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorActo de presentación do equipo galego para as SpainSkills 2026


eventosformacioninnovacion
Sábado, 21-Febreiro-2026
Acto de presentación do equipo galego para as SpainSkills 2026 - Foto

Acto de presentación do equipo galego para as SpainSkills 2026

O venres 20 de febreiro estivemos en Santiago na presentación do equipo galego que representará a Galicia no campionato nacional de formación profesional SpainSkills 2026, que terá lugar a próxima semana en Madrid, concretamente do martes 24 ao sábado 28 de febreiro.

Son 37 estudantes que acadaran a medalla de ouro nas GaliciaSkills nas súas respectivas modalidades

Nesa selección estará o noso alumno Adolfo González Martínez de 2º de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos, medalla de ouro na competición de Fontanaría e calefacción.

Adolfo irá acompañado do seu titor e preparador Pablo González Núñez.

Os que queden campións nesta competición clasificaranse para o campionato europeo e posteriormente mundial.

Moita sorte ao noso representante!!!

Noticia

SpainSkills 2026



Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android