
Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
O 11 de febreiro celébrase o día internacional da nena e a muller na ciencia coa fin de visibilizar a moitas científicas que durante séculos permaneceron no anonimato, e tamén para despertar vocacións entre as rapazas, que seguen a ser minoría nas carreiras de ciencias.
Na Laboral temos un concurso para descubrir a 15 científicas con 10 pistas, e así, coñecelas un pouquiño máis.
Para os grupos que descubran máis haberá un premio sorpresa!!



















