
Atrapa as gominolas
Os grupos de 1° e 2° da ESO participaron nesta actividade organizada pola ANPA.
Un xogo por equipos no que o alumnado puxo a proba os seus coñecementos sobre igualdade e corresponsabilidade, resolvendo preguntas e avanzando paso a paso mentres conservaban as gominolas gañadas. Fixemos da aprendizaxe unha experiencia divertida, participativa e con valores.














