arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorAgrupación de centros


eventosformacioninnovacion
Martes, 17-Febreiro-2026
Agrupación de centros - Foto

Agrupación de centros

Durante os cursos 2025/26 e 2026/27 o noso IES forma parte do programa de “Agrupamientos Nacionales” do Ministerio de Educación. Este programa irmanda centros públicos de distintas comunidades autónomas mediante unha subvención que permite ter mobilidades durante o curso académico para coñecer outras partes da xeografía española. No noso caso, o IES Universidade Laboral está irmandado co IES Isabel Martínez Buendía de Pedro Muñoz, unha pequena localidade vitivinícola manchega na provincia de Ciudad Real, e co IES Fernando de Castro de Sahagún, unha afamada vila leonesa das máis referencias do Camiño Francés.
Durante o vindeiro mes de abril vintecinco rapaces e rapazas de 4º da ESO do noso instituto visitarán, gracias á primeira mobilidade, aos nosos irmáns castellano-manchegos. Os docentes encargados da mobilidade farán público nas vindeiras datas o baremo co que elixir ao alumnado que fará de embaixador do noso IES lonxe de Galicia.



Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android