arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita á Plataforma Loxística do Grupo Cuevas


eventosformacioninnovacion
Luns, 2-Febreiro-2026
Visita á Plataforma Loxística do Grupo Cuevas - Foto

Visita á Plataforma Loxística do Grupo Cuevas

A Plataforma Loxística da CDT abriu as súas portas para recibir a visita dos alumnos de 1º do Ciclo Medio de Condución de Vehículos por Estrada e de 2º do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial, para coñecer de preto como é o seu día a día.

A visita estivo guiada por Antonio González Méndez, director da plataforma, quen lles explicou como a loxística actual combina tecnoloxía, persoas e talento para afrontar os retos do transporte e da cadea de subministración. Ao longo do percorrido, o alumnado amosou moito interese polo camión eléctrico, as rutas e a eficiencia dos procesos, a preparación de pedidos nun entorno loxístico real, así como polas medidas de seguridade, proteccións e protocolos do almacén. E, por suposto, como estudantes de Formación Profesional Dual, tamén preguntaron pola posibilidade de realizar as súas prácticas alí.

Achegar a teoría á realidade laboral é fundamental para impulsar a formación do talento novo que marcará o futuro da loxística. 🚛📦

Noticia na web

Grupo Cuevas



Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android