
Inauguración da nova sede de Aspamadis
O centro especial de emprego sen ánimo de lucro Aspamadis, traballa desde hai anos para os centros que estamos no recinto da Universidade Laboral. Os rapaces/as de Aspamadis veñen tódolos xoves a realizar labores de xardinería, e conseguen que todo estea limpo e que teña este aspecto coidado que ten o recinto.
O obxectivo da asociación ten por obxectivo a inclusión social e laboral de persoas con discapacidade intelectual, da mellor maneira que se pode facer, promovendo que teñan un traballo e un contrato laboral estable.
O pasado 15 de xaneiro inaugurou unha nueva sede en Ourense, na rúa Peña Trevinca, e como non, alí acudimos para acompañalos no acto de inauguración, tanto o Centro Residencial Docente e O IES Universidade Laboral.
Seguro que recoñecedes a moitos deles.










