
Alumnado da Laboral completa con éxito un curso de manexo e uso seguro de carretillas elevadoras e apiladores
O alumnado do IES e FP Universidade Laboral de Ourense continúa apostando por unha formación práctica e orientada á empregabilidade. Nesta liña, 2º de CS de Mecatrónica Industrial, 2º de CS Mantemento de instalacións térmicas e fluídos, 2º CM de mantemento electromecánico e 1º CM de Condución de vehículos por estrada, completaron con éxito un curso de manexo e uso seguro de carretillas elevadoras e apiladores, obtendo a certificación conforme á normativa UNE 58451, dentro do marco legal de LPRL 31/95.
Durante o curso, o alumnado adquiriu coñecementos teóricos e prácticos sobre o uso correcto destes equipos de manutención, facendo especial fincapé na prevencion de riscos laborais, a normativa vixente, o mantemento básico e as boas prácticas en contornas loxísticas e industriais. A formación foi impartida por persoal cualificado e garantindo unha aprendizaxe de calidade.
A obtención desta certificación supón un valor engadido para o noso alumnado, mellorando significativamente a súa inserción laboral e preparándoos para responder as demandas reais do mercado de traballo, especialmente en sectores como a loxística, a industria e o transporte.
Desde o centro queremos felicitarlles pola súa implicación e esforzo, así como reafirmar o noso compromiso cunha Formacion Profesional moderna e práctica, relacionada co sector produtivo.










