arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorXornada de formación en Material Rodante Ferroviario


eventosformacioninnovacion
Luns, 1-Decembro-2025
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto

Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario

O IES Universidade Laboral está a colaborar na viabiliade e continuidade no futuro da actividade do mantemento ferroviario na nosa cidade. O que contribuirá a evitar o desmantelamento dos talleres en Ourense por falta de persoal especializado.

Este curso inaugurou o novo “Ciclo Medio de Mantemento de material Rodante Ferroviario”, o que suporá que as empresas que se ocupan dese tipo de mantemento poderán contar con técnicos de formación profesional preparados especificamente para estas tarefas, a partir do ano 2027.

Existen moi poucos centros de ensino en España que conten con esta formación tan especializada; que case é inexistente na zona norte.

E para que o profesorado que imparte docencia neste ciclo teña a mellor preparación posible, o Centro Autonómico de Innovación da FP “Eduardo Barreiros” organizou unha formación específica  para a Universidade Laboral; que xa comezou nos talleres de “RENFE Enxeñería e Mantemento” e ACTREN, tanto en Ourense como en Redondela, podendo ver de primeira man tanto trens máis tradicionais como os de Alta Velocidade.


Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 2
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 3
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 4
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 5
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 6
Xornada de formación en Material Rodante Ferroviario - Foto 7


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android