
Último acto do 50 aniversario
O 20 de novembro tivo lugar o último acto do 50 aniversario da Universidade Laboral. Neste caso dirixido espléndidamente polo periodista ourensán Juan Maceiras.
Neste caso centrámonos nos "50 anos da FP na Universidade Laboral". Estiveron presentes diversas autoridades:
- A Directora Xeral de FP, Dona María Eugenia Pérez Fernández.
- O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Manuel Pardo Cid.
- O Xefe Territorial da Consellería de Educación en Ourense, Don Jorge Rubén Sampedro Grande.
- O Deputado Provincial da Deputación Provincial de Ourense, Don Rosendo Luis Fernández Fernández.
- A Concellala de Educación do Concello de Ourense, Dona Tamara Silva Cid
E numerosos representantes de empresas e institucións que colaboran con este centro educativo no Desenvolvemento da Formación Profesional, ademáis de profesorado e alumnado.
Entre os invitados estaban Santiago García, enxeñeiro responsable de Renfe Enxeñería e Mantemento da zona noroeste; Óscar González Tabarés, responsable post venta de Apersa; Nuria Lobelle, directora de recursos humanos en Galicia Auto Estampación; e Ana Mª Pérez, xerente de Talleres CRAF.
Tamén asistiron integrantes da Garda Civil, como o Equipo PEGASO e representantes do Subsector de Tráfico, que colaboran connosco no Curso de Especialización en DRONS, e tamén no novo CM de Connducción de Vehículos por Estrada.
Na mesa redonda dos alumnos estaban Talía Babarro, actual traballadora de FINSA, Iván Ferro antigo alumno do CS de Macatrónica Industrial.
Ademáis proxectouse un vídeo moi especial de Alberto Caride, antigo alumno de Automoción, hoxe piloto oficial no mundial de motociclismo.
O centro aproveitou o acto para poñer en valor que a Universidade Laboral en colaboración de UNVI foron pioneiros na FP DUAL Intensiva en Galicia, ao ser os primeiros en iniciar esta modalidade de ensino no ano 2014, polo que se lle entregou á empresa un agasallo elaborado polo artista ourensán e profesor do IES Xosé "Poldras".
Acto completo:

















