
«O Afiador», obra de Mon Devane, apunta a mellor mural de arte urbano do mundo
A obra de Mon Devane «O Afiador», homenaxe a un oficio símbolo da nosa provincia, gañou o premio internacional «Best of July» (mellor mural do mundo no mes de xullo) da Plataforma Street Art Cities, ao ser o máis votado entre outras 100 obras de arte urbano de todo o mundo nesta web que é líder deste arte no planeta.
O que revaloriza moito máis o noso mural que decora o hall do IES, con motivo do 50 aniversario, e que transmite unha mensaxe que quedará para as vindeiras xeracións.










