
Importantes novidades na FP para o curso 2025-26
Non te perdas as importantes novidades na oferta formativa da Universidade Laboral para o curso 2025-26:
Ciclos Medios
- Soldadura e Calderería con módulos de Carrozaría en modalidade DUAL Intensiva, traballando na importante empresa ourensá UNVI.
- Conducción de Vehículos de Transporte por Estrada, en modalidade DUAL Intensiva, traballando nas empresas de transporte ourensás. Obtén os carnets de conducir necesarios preparándote no IES e o CAP.
- Mantemento de Material Rodante Ferroviario en modalidade ordinaria. Estuda un título similar a Electromecánica de Vehículos, especializándote en material rodante ferroviario
Ciclo Superior
- Prevención de Riscos Profesionais na modalidade ONLINE. Traballa como previsionista ou completa o teu currículum cun título habilitante moi interesante tamén para persoas que xa posúen un ciclo de FP ou universitario.