
Graduación de 2º de Bacharelato
O venres 13 de xuño, unha vez rematado o curso e pasados os nervios das probas de acceso á Universidade, realizouse o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato no auditorio municipal de Ourense.
Este foi un acto un tanto especial polo elevado número de alumnado... case 100 que este curso se graduaron. Foron uns alumnos/as que imos recordar polo cariño que lle transmitiron ao profesorado e ao centro en xeral, e polos bos resultados que como grupo acadaron nas PAU.
Queremos aproveitar tamén para darlle as gracias ao Concello de Ourense, que ano tras ano nos cede a súa instalación para este tipo de eventos.
Agora os que teñen que presentarse ás probas extraordinarias das PAU moito ánimo, e ao resto pasade un merecido verán para comezar esa nova etapa na vosa vida.










