
Exposición do 50 aniversario da Laboral
Trátase dunha mostra do traballo desenvolvido este curso polo alumnado de EPVA de 3º da ESO, de Expresión Artística de 4º da ESO e do Bacharelato de Artes en relación co #ProxectoTerra do #PlanProxecta+.
Estudamos "A Pel da Laboral", que é a fachada do edificio, e como o edificio se fusiona coa natureza e co entorno. Agora comprendemos como o deseño das fachadas permite unha boa relación co exterior.
Tamén dimos os primeiros pasos para deseñar a Laboral do futuro. Para empezar, queremos cambiar o noso centro e hoxe intervimos no vestíbulo que, cos nosos paneis, coa luz cenital e co mural do artista @Mondevane, converteuse nunha gran sala de exposicións:
o MUSEO da Laboral.
#50aniversariodaLaboral #ProxectoTerra #PlanProxecta+ #aPelDaLaboral #arquitecturaPedagoxica #museo


















