
Visita do alumnado de 1º de Automoción ás instalacións de UNVI
O pasado 21 de maio, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Automoción realizou unha visita ás instalacións da empresa UNVI, situada en Ourense e especializada na fabricación de autobuses.
Durante a xornada, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o sistema produtivo da empresa, así como os seus inicios, evolución e implantación no sector. A actividade incluíu un percorrido guiado polas distintas áreas da planta, no que se explicou detalladamente o proceso de fabricación dun autobús.
Desde a soldadura da estrutura ou bastidor, pasando polo montaxe da carrozaría, a instalación do cableado eléctrico, o equipamento interior e o acabado final do vehículo, o estudantado puido observar cada unha das fases que fan posible o produto final.
A visita resultou moi enriquecedora, permitindo ao alumnado relacionar os contidos traballados na aula coa realidade industrial do sector, coñecer saídas profesionais e valorar a importancia do traballo en equipo, da calidade e da innovación no contorno produtivo.












