
Viaxe do Club de Ciencias
O alumnado de 2° da ESO disfrutou da excursión organizada polo Club de Ciencias. Tres días intensos en Asturias e Cantabria nos que fixeron deporte: descenso en canoa e parque multiaventura, coñeceron as covas El Soplao e Altamira, visitaron Santillana del Mar e Comillas, con tarde de praia e baño incluido, e para rematar visita ao MUJA, no que se encontran vestixios de dinosaurios que poblaran a rexión hai uns 150 millóns de anos, durante a última parte do Xurásico.



















