
A Laboral na Feira Educativa de Expourense
O evento tivo lugar en Expourense os días 2 e 3 de abril coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector.
A feira tamén serviu como escaparate para amosar a Formación Profesional en xeral, e a que ofrece a Universidade Laboral en particular.
O Diario A Rexión fixo unha reportaxe, e os nosos compañeiros de Mecatrónica Industrial aparecen na portada informando aos visitantes.