arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorMatemáticas e Poesía


eventosformacioninnovacion
Sábado, 22-Marzo-2025
Matemáticas e Poesía - Foto

Matemáticas e Poesía

Os departamentos de Lingua Castelá e Matemáticas coordináronse para conmemorar xuntos o día das Matemáticas (que se celebra o 14 de marzo por coincidir coas tres primeiras cifras do número pi, e que pretende poñer en valor ás matemáticas como base do desenvolvemento científico e tecnolóxico) e o día da Poesía ( que se celebra o 21 de marzo coincidindo co equinoccio de primavera, simbolizando a renovación e florecemento da cultura).

As actividades consistiron nunha exposición coas curiosidades do número pi, lecturas por parte do alumnado de oratoria aos demáis alumnos da ESO de poemas e relatos matemáticos e un divertido concurso de pi-emas.

Ademais, nesta edición do Día Internacional das Matemáticas de 2025, o tema transversal é " Matemáticas, arte e creatividade"... ,e realmente, a poesía, é unha das disciplinas máis artísticas e creativas que coñecemos.


Matemáticas e Poesía - Foto 2
Matemáticas e Poesía - Foto 3
Matemáticas e Poesía - Foto 4
Matemáticas e Poesía - Foto 5
Matemáticas e Poesía - Foto 6


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android