
O Club de Ciencias nos talleres de Instalación e Mantemento
O martes 18 de febreiro, o alumnado do club de ciencias realizou unhas visitas aos talleres de mantemento que se atopan no centro, onde se imparten as materias prácticas das especialidades de Mecatrónica Industrial e de Mantemento Electromecánico.
Puideron observar os pasos necesarios que teñen que dar para fabricar unha peza nun torno, vendo o resultado final. Tamén estiveron con outras máquinas do taller que se utilizan para fabricar outro tipo de pezas.
As alumnas e alumnos do club puideron manipular un robot Abb IRB120. Tiveron que resolver un acertixo en inglés, movendo o robot, para poder levar un agasallo realizado cunha cortadora laser.
Esperamos que estas actividades abran a mente dos noso futuros científicos!!

















