arriba
 

 


eventosformacioninnovacion
Venres, 14-Febreiro-2025
Día da Radio - Foto

Día da Radio

O 13 de febreiro celebramos o Día mundial da radio, e a través da Rede Espora colaboramos no Proxecto da UNESCO: A radio e o cambio climático, xunto con outros centros galegos como IES Ferro Couselo (Ourense) ou IES As Barxas (Moaña).

Aproveitando que estamos a montar unha radio escolar na Laboral, os compañeiros e compañeiras do Club de Ciencias xuntáronse para crear este programa que busca concienciar sobre as posibles consecuencias da crise climática se non lle poñemos freo ao consumo voraz dos recursos do planeta.
Nun tempo récord, seis alumnos/as de 3º ESO (Antón, María, Mateu, Martiño, Sarela e Iago) deseñaron, escribiron e gravaron o primeiro pódcast da Radio Laboral.
Esperamos que vos guste e que serva para facermos reflexionar sobre as posibilidades de cambio que ofrecen as pequenas accións do día a día.
Estade atentos/as ás próximas novidades nas ondas...



Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android