Colaboración co COB
A Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente acollen no polideportivo ao primeiro equipo senior feminino do Club Ourense Baloncesto; que comezará a súa andadura a tempada 2025/26 na segunda autonómica.
Trátase dun proxecto ilusionante que encaixa perfectamente co ideario do noso 50 aniversario "Educando en igualdade".
Ademáis de adestrar pola semana no polideportivo da Laboral, cada 15 días teremos un partido de liga destas rapazas que esperamos sexan unha referencia para o alumnado do IES. Para iso temos pensado sortear entradas dos partidos ao longo de todo o curso escolar.
O venres 1 de agosto tivo lugar no propio polideportivo a rolda de prensa da presentación do equipo, na que as protagonistas foron as xogadoras, coa presenza de Noelia Carnero, Lara Domínguez, Sabela Menor e Patricia Pérez, catro das integrantes do novo equipo. Acompañounas o que vai ser o seu adestrador Millán Brea.
No acto tamén estiveron o presidente do Club Ourense Baloncesto, Diego Regueira; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o Xefe Territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro, e o director do IES, apoiando institucionalmente este importante paso para o deporte feminino ourensán.










