CS de Prevención en Riscos Profesionais

Fórmate como revisionista ou completa o teu currículum. Apto para persoas que están traballando porque se ofrece na modalidade Modular e ONLINE, co que poderás ir completando o Ciclo como desexes, asignatura a asignatura, ou por cursos escolares completos, porque nesta modalidade non hai límite de convocatoria nin número mínimo de materias nas que podes matricularte.
A competencia xeral deste título consiste en permitir participar na prevención, na protección colectiva e na protección persoal mediante o establecemento ou a adaptación de medidas de control e correctoras, para evitar ou diminuír os riscos ata niveis aceptables, co fin de conseguir a mellora da seguridade e da saúde no medio profesional, de acordo coas normas establecidas.
Hai un interesante vídeo dun centro do Pais Vasco onde explican moi ben en qué consiste e as súas saídas laborais:
Réximes: ONLINE (tarde)
Horarios:
- ONLINE: horario de titorías de mañá e tarde. Clases presenciais voluntarias en horario de tarde
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos