arriba
 

 
PortadaseparatorCiclos formativos de Grao MedioseparatorCM de Condución de Vehículos de Transporte por Estrada


CM de Condución de Vehículos de Transporte por Estrada

CM de Condución de Vehículos de Transporte por Estrada - Foto

Preparámoste para obter os carnets de conducir nas categorías C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D ou D+E.

Tamén te preparamos para obter o CAP (Certificado de Aptitude Profesional):

  • O CAP é un certificado obrigatorio para os condutores profesionais de vehículos de transporte de mercadorías e viaxeiros. Acredita que o condutor superou a formación inicial e continua para garantir a cualificación e a seguridade no transporte por estrada. A tarxeta CAP, que acredita a validez do certificado. O CAP é un certificado complementario aos permisos de conducir das categorías C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D ou D+E. Serve para acreditar que o condutor superou a formación obrigatoria esixida pola normativa da Unión Europea, incluíndo a cualificación inicial e a formación continua.

E todo sen custe pola túa parte porque somos un centro público. Ademáis traballas e estudias ao mesmo tempo (en xornada de tarde).

 img#26146

A competencia xeral deste título consiste e:

  • Realizar o mantemento básico e inspeccións de vehículos, levando a cabo as operacións descritas nas instrucións e no plan de mantemento.
  • Preparar a documentación relativa ao condutor, pasaxeiros, carga e vehículo, segundo os requisitos da operación que se vai realizar.
  • Realizar as operacións de embarque de pasaxeiros, recollida e entrega de carga e carga e descarga de vehículos, aplicando a normativa correspondente e os protocolos establecidos.
  • Conducir vehículos en vías urbanas e interurbanas, cumprindo as normas establecidas de tráfico, seguridade viaria e transporte por estrada.
  • Conducir vehículos de forma racional e segura en vías urbanas e interurbanas, aplicando técnicas de condución preventiva e as accións necesarias.

O alumnado vai realizar a fase práctica en diferentes empresas de transporte ourensás.

Folleto informativo

Réximes: DUAL intensivo (horario de tarde)

Horario:

  • DUAL intensivo: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso en función do convenio)

Ciclo formativo de grao medio: 2000 horas /dous cursos académicos

Consultar perfil do ciclo:  img#51576

Como se trata dun ciclo novo no centro, deixamos un vídeo informativo xenérico do que é este ciclo. É recorda: o ciclo é polas tardes, o que non impide realizar outros traballos polas mañás, en modalidade DUAL intensiva, o que supón que se estudia e se traballa ao mesmo tempo en diversas empresas de transporte ourensás.

 img#98659


PDC

Descargar Abalar en Android