Curso de especialización en Aeronaves Pilotadas de Forma Remota-DRONS
Tes un ciclo superior e queres ser un profesional dos DRONS. Esta é a mellor formación para ti. Aprenderás todo o necesario e estarás preparado para obter os carnets profesionais. Tamén podemos admitir en determinadas condicións a alumnado con ciclos medios ou títulos universitarios.
O Máster é compatible con persoas que están traballando porque se imparte en xornada de tarde nun horario flexible.
A competencia xeral deste título consiste en construír e manter aeronaves pilotadas de xeito remoto-drons ou RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) configurados de acordo coas características de deseño e adaptados aos sectores en que vaian prestar servizos, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental, conforme a documentación técnica do proxecto e aplicando a normativa.
Réximes: ordinario (tarde)
Horarios:
- Ordinario tarde: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso escolar en función das necesidades do alumnado)
Curso de especialización en FP (máster): 500 horas /un curso académico