O mércores 21 de xaneiro, ás 7 da tarde, teremos a tradicional xornada de acollida para familias e alumnado que non estean matriculados actualmente na Laboral e que queiran coñecer o noso centro de cara a matricularse no vindeiro curso escolar.
A xornada estará centrada no alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e que pasarán a 1º de ESO no curso 2026-27, pero poden acudir outros alumnos e familiares doutros cursos de ESO ou bacharelato.
A Universidade Laboral conta cun dos murais de Mon Devane e agora abriuse a votación polo mural “Xoán, o Afiador de Coitelos” para que se convirta no mellor do mundo.
nesta ligazón para facelo realidade 👇🏻
https://streetartcities.com/awards/2025/vote
Imaxínaste? Un mural pintado nunha pequena aldea dun concello remoto da Galicia interior. Unha obra que representa un oficio tan tradicional e arraigado na provincia de Ourense. Cunha historia detrás tan gallega como a de Xoán, o seu protagonista, que, despois de percorrer a súa roda de afiar media España, acabou emigrando a Suíza e pasando por Barcelona antes de regresar finalmente á súa aldea natal, Castiñeiro, en San Xoán de Río, Ourense.
Que orgullo que esta obra estea virtualmente a dar a volta ao mundo. E, quen sabe, se se converte na máis votada, será outra forma máis de proclamar que hai outras formas de vivir, outros lugares que visitar e máis muros que pintar.
Anímate a votar